...

...

Luz eléctrica (noite?). Pedra.

Refuxiamonos na pedra ELES SON A NOSA SEGURIDADE
Estamos na pedra ELES METÉRONOS NA PANDEMIA
Somos pedra NÓS SOMOS A PANDEMIA
Para sempre pedra PERPÉTUA
Imos en pedra DE VERDADES DELES A OUTRAS
Rimamos con pedra FIXÉRONOS O TRAXE NO XASTRE
Afogamos na pedra QUEN NON QUERE A SÚA LÁPIDA?
Miñocas na pedra ENDEXAMÁIS SUCIEDADE
Onde é pedra ROUBARON O ESPAZO
Sempre, tamén pedra E O TEMPO
Pedra con pedra TODO
Estamos coa pedra AXUDÁMOLA
Durmimos en pedra SEMPRE NELA
Roemos a pedra OU MORREMOS DE FAME
Agora granito, logo lousa. Pedra

Instalaron as farolas na rúa e xa poden dicir que acabou a noite, pero segue a ser (de) pedra.

No hay comentarios:

Publicar un comentario