Que non vos mintan nos libros de ciencia!
que ao que lle chaman gravidade
non é máis que o efecto
da opresión dos fillos de puta.
Formiguiñas nós
cargadas con:
mentiras
iñorancia
engano
falsa verdade
Historia sen liberdade
presente
Xeringas infectadas
coa SIDA
Fusís convertidos
en cartos
Un réquiem televisado
pola morte dun enfermo
pola morte dun humano
pola morte dun máis
unha morte dun que nunca viviu
Unha noite soleada. Noite
unha noite disfrazada. Noite
No hay comentarios:
Publicar un comentario