Berrou. Soltouno. Alimentou máis a razón do seu grito. Pero o aire, famento de sons, devorou a súa enerxía e os seus proxectos de distancia.
Para ela non existiu máis que o deserto escuro, oasis de sangue e dunas eléctricas. Dunas que eran pantallas de cine, televisores xaponeses. Area de cintas de correr e a vertixe de avanzar sen moverse. Bengalas de socorro que incendiaban cada día o seu escenario. Víase a porta non moi lonxe, pero eles sempre fixeron que non existira a distancia. Eles.
Eles foron. Eles son os que din que haberá un inferno, o limbo da dor e do sufrimento...
Foi cando pensou na clandestinidade, na hipótese da mentira, na posibilidade de contrariedade e engano.
Agora ri.
"You shout and no one seems to hear" Roger Waters
No hay comentarios:
Publicar un comentario