...

...

NON. SI. NON. SI. NON. SI. NON. SI. ROSA.



Teño unha cadeira.
Podes sentar.
Se queres.
Podes mirar a luz que emiten os vertedoiros.

Teño suor.
Podes beber.
Se queres.
Podes cheirar o esterco do chan da ría.

Ti tes unha pestana verde.
Podo tocar?
Quero palpar o verde.

Quérote.

Quérote matar.
Non che parece ben?
Que divertido!
Deixame!

Ah... Ben!

Todo é verde.
Todo é verdade.
Nada é certo.
Ti es azul.
Eu son gris.
O mar é negro.
Nada é verde.
Nada é verdade.
Todo é rosa.
Agora todo é verde.
Todo é azul.

Cambia,
Todo segue igual
de mal.

A casa das moscas só tivo malos pensamentos na miña despedida.

Por que queres voar?
Non quero que voes.
Non entendo por que voas.
Non entendo por que volves.
Agora entendo que voltes.

A cama 
cravóusenos na costa, estaba agradecida.
Por que queres voar?

2 comentarios: