Falo de falala viva,
de falarlle un futuro.
Porque é nosa
e miña
ata do seu sicario.
Falo do estrangulamento
da estranxeira.
E sinto, dende o frío,
dende as miñas últimas verbas,
escribir o noso epitafio
na lingua das tartarugas.
Un crepúsculo que morremos
escollidos pola longa historia
de pedras e noite,
traizoados por nós mesmos
e levados polos do candil.
Vexo difícil
que queira continuar,
estando escrita con bágoas
e carraxe
e dentes apertados
e ventres deshabitados
e fouces
e mar de fondo
e milenarias pingas de choiva
No hay comentarios:
Publicar un comentario