Vivo bonito, e ti pensas no azul.
El é gris.
Descolocamos xuntos as palabras do ceo,
pero el é gris.
Non me esquezo do teu cheiro a rosas e
eles comen
como
comen
os carneiriños no prado.
E el é gris.
Somos felices.
Imos pasar a eternidade xuntos.
(El é gris).
Pero preocúpate un pouco máis pola
hixiene.
Pois
teremos que buscar outro produto químico
para tapar un pouco o cheiro
a putrefacción
dos nosos corpos, para
dos nosos corpos, para
facerlle a vida máis feliz
aos vermes.
aos vermes.
Eles tamén teñen dereito.
No hay comentarios:
Publicar un comentario