...

...

Só.

Afogado en osíxeno
nin a poesía parece ser ti
nin tes ouvidos
nin rostro
nin forma
-Es ti, baleiro?

Sintes a túa palabra inepta
fronte a dialéctica obsoleta,
baleira, barata, mecánica...

O algoritmo que obriga
á negación do foráneo,
do estranxeiro e diferente...
do humano.

O que parece o teu apoio
serve por vento frouxo.
Só.
Só. Acompañado do teu ideario
(lixo)

Excluído dun espazo e tempo
concretos para a praxe.
Entón resurxe a teoría,
a eterna teoría,
eterna utopía.

Só.

Sós.

Grazas ás comunicacións.
A era da información.

No tempo distorsionado
fas vivir á túa esperanza morta por algo:
O estalido, o desexado, o soñado,
o descoñecido...

Mais...

Só.

Ti.

Só.

Só e o teu sangue
só e a sinapse
só en contas
só para os millóns.

Só. Ti. Só.

SÓ.

No hay comentarios:

Publicar un comentario