...

...

23h 48'


O mundo é azul escuro e negro. No mundo azul escuro e negro hai xente pero non hai persoas. Xente de cara gris con expresión azul sen intensidade, tampouco identidade.
A lámpada alóxena caeu e hai cachiños de vidro polo chan. Non pasa nada, hai millóns de alóxenos no mundo azul escuro. Por moito alóxeno que haxa vai seguir sendo azul escuro igual. Por certo, sabías que no mundo azul escuro non se escoitan sons por riba da altura do re grave dun contrabaixo?
Un exemplar deixou de moverse na fileira e caeu ao chan. Outra máis ao lixo.
Quen sabe se existe ou non o mundo azul escuro?  Onde estará metido?
O mundo azul escuro é un blues, pero ás veces pode ser Seixas, Jonathan Davis, Tool. Sempre é indiferente o mundo azul escuro que estou a describir. Tamén pode ser o señor Ferrín, ou Kafka, ou Poe. A madeira de Piñeiro con cordas de aceiro tamén pode selo. Tamén unha rutinaría masturbación desganada e sen ansia.
No mundo azul escuro existe a lenda de que houbo un rato blanco de ollos vermellos que cagou a todas as unidades. Hai reflexos que veñen de fóra. O mundo azul escuro é pequeño, pechado, pero infinito. Nalgún momento, este mundo azul escuro, cómodo, cansino e cálido acabará o ciclo e virá o día no que teña que sair do meu cuarto, co sol destructor do xa pasado mundo azul escuro. Será un mundo convencional este que está por vir. 

1 comentario: