...

...

E despois?

A vida non fai máis que biolarte*
enche os pulmóns de fume, amianto
sobran vivos mortos máis Mais
cando se esgoten as cubas de sangue
un día no que non se reutilicen os ollos dos mortos...
renácese?
irá dicircho alguén? Non
durmimos durmimos durmiremos na iñorancia
agora e sempre foi negro para os que seguen na prisión
dalgunha maneira acabará a cadea
e a que outro calabozo imos?
sangue
escuridade
guerra
utopías
escravos
sangue
escuridade
negación
dor
outro máis que bota alí o alento
nos séculos pasados e vindeiros
e posiblemente
garante a disgregación do estrictamente coñecido
rímonos a cegas, mais...
a escuridade non é obxectiva

No hay comentarios:

Publicar un comentario