cravóusenos na costa, estaba agradecida.
...
NON. SI. NON. SI. NON. SI. NON. SI. ROSA.
cravóusenos na costa, estaba agradecida.
Cormorán
Voando na salitre
ameazado polo sur
e as perigosas
prendas de loito
molladas
por ter que ser usadas
no teu loito cotián.
Anunciando
cada día
que isto é un enterro
de vivos
26
Estarei alí
para recibir,
aínda que sexa,
do teu ser
unha resposta fatal
que me entregue
Sen resposta
Esa saúde enganada
da nosa terra,
que aperta dentes,
envelena as verbas,
come os nosos Tártaros.
Esa falsa mentira
da nosa lingua,
que berra por nós
E todo fica no estatismo
Mentres non
A desorde casada
coa improvisación
da forma de vivir
este tempo de trámite
mentres non nazamos
de Xea
Afogado no mar
Falo de falala viva,
de falarlle un futuro.
Porque é nosa
e miña
ata do seu sicario.
Falo do estrangulamento
da estranxeira.
E sinto, dende o frío,
dende as miñas últimas verbas,
escribir o noso epitafio
na lingua das tartarugas.
Un crepúsculo que morremos
escollidos pola longa historia
de pedras e noite,
traizoados por nós mesmos
e levados polos do candil.
Vexo difícil
que queira continuar,
estando escrita con bágoas
e carraxe
e dentes apertados
e ventres deshabitados
e fouces
e mar de fondo
e milenarias pingas de choiva
Play/pause
Sobre o lombo do muro asasino do vento, o espectro daquel filósofo predicaba as bases da loita obreira; a escuma, as pedras e o vento berraban pola revolución. Quedou perplexa da complicidade do ferro frío. Un camiño branco escoltado por gaivotas -obra da miña excelente maniobra decididamente persuasiva- cúspelle a posibilidade de atopar o baleiro da lóxica. Destinada.
Chamada polo meu desexo, camiñou no túnel da historia. Á dereita, un bigote alemán mata a Deus e ao mesmo tempo saúda; á esquerda, Beethoven nace nove veces. O vento cortante empúrraa cara a beira. Saltou, e o osíxeno non a quixo salvar. Como pode, trata de anticiparse ás leis do caos batendo as ás, asustada pola promesa de incertidume que a levantou esa mañá e a trouxo a este peirao. Pero aínda non cruzou a fronteira, o cosmos segue sendo a unica realidade, o único posible. Destinada.
Quedou engaiolada no tempo. A serea da lonxa nunca chegou a soar. (Destinada). Mais eu son o destino: non eu, non destino, non ser. Eu son o tempo: non tempo, non son espazo. Play/Pause.