...

...

Raro nacemento

Tiña, ante a alma, a escuridade da súa sombra. Entrei na súa cavidade vocal, no tubo dixestivo. E, co fedor da iñorancia, da paranoia, da carroña e dos anos perdidos, souben que entraba en Galiza (no cadáver de Galiza), cun cadaleito de nubes grises.

E ti estabas ardendo

Encerro con respiración forzosa
con tempo por dúas bandas,
imperio dun estatismo
por previsión dun futuro mal

Sentar
Sentir
Morrer
Fuxir
Non poder
Chorar

Respira
Lobi
Quente
Así
Non esquece
Chorar

Hoxe, por tempos
coa rendición dunha fronte
non pode existir guerra
e nada se pode conquistar


Nebulosas

Quixera chamar e deixar rastro do meu cancro, meu corazón sentido e enfermado por tiranos e impactos de espada (metal con metal). Asustado pola grandiosidade dunha máquina en toneladas de golpes monótonos en alemán.
Eu, que poiden observar a chamada da expansión do universo. A brevedade na suspensión dun acoplamento de desmaios e disoancias distorsionadas. A fraxilidade, penetrante e asasina de despreocupacións, da súa voz. Caixas secas sen substancia de metais sonoros (segue en min!).

Pero non pode romper dende dentro, nin implosionar pola causa dunha simple reacción lóxica do forte e harmonizante rachar das súas notas en membranas limítrofes coa realidade. Tensión sen rotura onde non existe un máximo... e non podo máis, que sentilo desgarrar a miña espalda feita túa. Porque sentir sempre foi un desexo sen feitos, sen materia convencional, unha cadencia porcamente limpa en cromatismos descendentes.

Teño inquietudes de queixa pola rotura en potencia do meu corpo. Necesito unha resposta á posterior caída. Sinto vertixe e caos no meu colapso. Agora é cando destrozaría os oitos tumbados, para que todo sufrise a felicidade dun final.

O final chega, cun alento novo, novos ruxidos de motores sintéticos. O final chega, volverá chegar.