...

...

Cuberta noxenta (polo marisco podre). Morto das bateas

Alleo
por conta da súa debilidade
humana
advertindo e sostendo
o baleiro aéreo
con bateas desgastadas

Polas rúas
dunha Venezia sen humanidade residente
sen glamour

No espectro solemne
(cargado de medo)
dunha habanera en tono menor
e cheiro a soidade oceánica
a naufraxio tráxico

Para chegar ao porto
e tratar de berrar sen éxito
deitado
por morte, enfermidade ou ruína...
máis outro corpo que deixou o seu relevo
antes de repousar no cadaleito
de madeira daquela cuberta noxenta (polo marisco podre)

Buzo. Morto das bateas.

Engúrranse os dedos.

Non che fai efecto
e asasinas
con xeringas submariñas
cargadas con ar
e veleno da complexidade
do teu estar
do teu trafego de ferrallas

Arneirón. Morto das bateas

E clávase
chucha

E esa é a súa forma de gañar
nos fusilamentos necesarios
do deserto humido
e sangue enfermo.

-Proclámoche rei
do chan que nunca foi fregado
por estratexia de aforcamento
dos teus titánicos manxares
e por proxección de futuro
no teu afán de invadir Europa
e na túa espionaxe invasora...

-Ti, ser case morto,
por facer de nós
obxectos de vixiancia

Esterco. Morto das bateas.

Como cho fan pensar
Entre o sangue salgado
o colesterol verde
asasino e policía
dos que respiran polo antollo
dos nosos colonos

Verdugo de asfixia
dos vómitos das festas do Carme

A maquinaria noxenta
a deshonra do sistema.

Protexen á beleza idealizada.

Cadáver. Morto das bateas.

Na parálise lixeiramente móbil
da sepultura submariña
(frío cocainómano)
ata a luz ten medo da antimateria

Un veleno como anvido
surxido da coitelada máis fonda
da fala
coma unha antítese física
das leis supremas da puta natureza

Puta natureza
(infectádea coa SIDA)
fodida natureza
(arrincádea da súa razón
volvédea contra si)

Suicidios industriais
nacementos sintéticos
nichos on-line

Fodédevos

Ou vaiámonos todos á merda.

Eles

Berrou. Soltouno. Alimentou máis a razón do seu grito. Pero o aire, famento de sons, devorou a súa enerxía e os seus proxectos de distancia.

Para ela non existiu máis que o deserto escuro, oasis de sangue e dunas eléctricas. Dunas que eran pantallas de cine, televisores xaponeses. Area de cintas de correr e a vertixe de avanzar sen moverse. Bengalas de socorro que incendiaban cada día o seu escenario. Víase a porta non moi lonxe, pero eles sempre fixeron que non existira a distancia. Eles.

Eles foron. Eles son os que din que haberá un inferno, o limbo da dor e do sufrimento...
Foi cando pensou na clandestinidade, na hipótese da mentira, na posibilidade de contrariedade e engano. 

Agora ri.


"You shout and no one seems to hear"                                                     Roger Waters