...

...

Cormorán

Voando na salitre
ameazado polo sur
e as perigosas
prendas de loito
molladas
por ter que ser usadas
no teu loito cotián.

Anunciando
cada día
que isto é un enterro
de vivos

26

Estarei alí
para recibir,
aínda que sexa,
do teu ser
unha resposta fatal
que me entregue

a miña próxima liberdade en cadeas de berros e choros

Sen resposta

Esa saúde enganada
da nosa terra,
que aperta dentes,
envelena as verbas,
come os nosos Tártaros.

Esa falsa mentira
da nosa lingua,
que berra por nós

E todo fica no estatismo

Mentres non

A desorde casada
coa improvisación
da forma de vivir
este tempo de trámite
mentres non nazamos
de Xea

Afogado no mar

Falo de falala viva,
de falarlle un futuro.
Porque é nosa
e miña
ata do seu sicario.

Falo do estrangulamento
da estranxeira.
E sinto, dende o frío,
dende as miñas últimas verbas,
escribir o noso epitafio
na lingua das tartarugas.

Un crepúsculo que morremos
escollidos pola longa historia
de pedras e noite,
traizoados por nós mesmos
e levados polos do candil.

Vexo difícil
que queira continuar,
estando escrita con bágoas
e carraxe
e dentes apertados
e ventres deshabitados
e fouces
e mar de fondo
e milenarias pingas de choiva

Arrincada ata das súas maldicións. E non me queda máis que mantela con vida, aínda que só sexa para manterme vivo, para nos manter vivos!