Chegou coa alba, cando as estrelas artificiais e caóticas dos mariñeiros comezaban a filtrar no gris os seus esqueletes. Descubriu a poderosa alianza do vento e o frío, cando as pozas eran océanos en tempestades. Coma un polisón testigo da reaparición de Lorenzo; ela mailo seu ser. (Destinada). Abraiouse da estabilidade, de ser benvida no sistema fabril. Unha vida deulle para moito, un segundo bastoulle para vencer. Destinada a aquel momento.
Sobre o lombo do muro asasino do vento, o espectro daquel filósofo predicaba as bases da loita obreira; a escuma, as pedras e o vento berraban pola revolución. Quedou perplexa da complicidade do ferro frío. Un camiño branco escoltado por gaivotas -obra da miña excelente maniobra decididamente persuasiva- cúspelle a posibilidade de atopar o baleiro da lóxica. Destinada.
Chamada polo meu desexo, camiñou no túnel da historia. Á dereita, un bigote alemán mata a Deus e ao mesmo tempo saúda; á esquerda, Beethoven nace nove veces. O vento cortante empúrraa cara a beira. Saltou, e o osíxeno non a quixo salvar. Como pode, trata de anticiparse ás leis do caos batendo as ás, asustada pola promesa de incertidume que a levantou esa mañá e a trouxo a este peirao. Pero aínda non cruzou a fronteira, o cosmos segue sendo a unica realidade, o único posible. Destinada.
Quedou engaiolada no tempo. A serea da lonxa nunca chegou a soar. (Destinada). Mais eu son o destino: non eu, non destino, non ser. Eu son o tempo: non tempo, non son espazo. Play/Pause.
...
...
No breathing things
Respiros e berros polo que xamais perdurou en nós. A perspectiva mollada: Unha cúpula funcionará por todas as moléculas do noso espazo, será entón cando demos vida ao que nos acaece. Daquela darémonos conta, que precisamos hostilidades para vivir en paz.
Suscribirse a:
Comentarios (Atom)